Esta é a guía definitiva para afrontar un dos problemas máis acuciantes do noso tempo: a perda da privacidade. Vixílannos. Saben que estás lendo estas palabras. Gobernos e centos de empresas vixíanos: a ti e a todos os teus coñecidos. A todas horas, todos os días. Rastrexan e rexistran todo o que poden: a nosa localización, as nosas comunicacións, as nosas buscas en internet, a nosa información biométrica, as nosas relacións sociais, as nosas compras, os nosos problemas médicos e moito máis. Queren saber quen somos, que pensamos, onde nos doe. Queren prever o noso comportamento e influír nel. Teñen demasiado poder. O seu poder provén de nós, de ti, dos teus datos. Recuperar a privacidade é a única maneira de que podamos asumir de novo o mando das nosas vidas e das nosas sociedades. A privacidade é tan colectiva como persoal, e é hora de retomar o control. “Privacidad es poder” é o primeiro libro que propón o fin da economía dos datos. Carissa Véliz explica como os nosos datos persoais están a ceder demasiado poder ás grandes empresas tecnolóxicas e aos gobernos, por que isto é importante e que podemos facer ao respecto.
Biblioteca especializada
Privacidad es poder
21,90 €
Privacidad es poder
Datos, vigilancia y libertad en la era digital






