Unha análise sagaz do réxime da información, o novo goberno ao que estamos sometidos, por parte do filósofo máis lido do século XXI. A dixitalización avanza inexorablemente. Aturdidos polo frenesí da comunicación e a información, sentimos impotencia ante o tsunami de datos que desplega forzas destrutivas e deformantes. Hoxe a dixitalización tamén afecta á esfera política e provoca graves trastornos no proceso democrático. As campañas electorais son guerras de información que libran con todos os medios técnicos e psicolóxicos imaxinables. Os bots —as contas falsas automatizadas nas redes sociais— difunden novas falsas e discursos de odio e inflúe na formación da opinión pública. Os exércitos de trolls interveñen nas campañas apoiando a desinformación. As teorías da conspiración e a propaganda dominan o debate político. A través da psicometría e da psicopolítica dixital, intentase influír no comportamento electoral e evitar as decisións conscientes. O novo ensaio de Byung-Chul Han describe a crise da democracia e atribúea ao cambio estrutural da esfera pública no mundo dixital. Tamén lle dá un nome a este fenómeno: infocracia.






