Curso de iniciación a Bitcoin
Coñece, entende e utiliza Bitcoin de forma privada e segura, a través dun curso de 10 horas no que resolverás todas as túas dúbidas sobre a criptomoeda que cambiou o mundo para sempre.

A quen vai dirixido?
O curso está especialmente pensado para persoas que, aínda que xa podan ter algún coñecemento sobre bitcoin, desexan comprender ben o funcionamento desta tecnoloxía e dominar o seu uso e custodia seguras. Porén, persoas que desexan iniciarse desde cero en Bitcoin tamén encontrarán neste curso unha excelente introducción e unha explicación exaustiva do funcionamento e das cualidades únicas desta criptomoeda.
Contidos do curso:
- Coñecendo Bitcoin. Que é Bitcoin? Para que sirve? Que lle dá valor? Que necesidades cubre? Mitos e lendas sobre Bitcoin…
- Entendendo Bitcoin. A tecnoloxía por trás de Bitcoin: como funciona a “blockchain”, minaría, enderezos, carteiras, transaccións…
- Seguridade en Bitcoin. Cifrado, señas seguras, xeración offline de sementes, carteiras frías, principais perigos e como evitalos…
- Uso privado de Bitcoin. Comprar e vender de forma anónima, onde e como gastar BTC, trocar por stablecoins e outras criptomoedas…
Desenvolvemento do curso:
O curso desenvólvese ao longo de duas sesións online (4 horas) e unha xornada presencial (6 horas).
As sesións online terán lugar o xoves e venres anteriores á xornada presencial en horario de 20:00 a 22:00, e consistirán nunha presentación do profesor por videoconferencia (a través de Signal), con interacción do alunado (preguntas, respostas, dúbidas, opinións). Para seguir as sesións online é necesario dispór dun dispositivo con conexión á internet, micrófono e altofalantes. Tamén é necesario que dispoña dunha conta de Signal, e teña o aplicativo instalado nese dispositivo.
A xornada presencial desenvolverase en San Cristovo de Cea (Ourense), en sábado, en horario de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00. Para seguila correctamente é necesario que o alunado dispoña dun PC portátil, co que asista ás sesións.
As presentacións do profesor e os materiais do curso estarán en idioma galego.
MAIS INFORMACIÓN AQUI


