Bitcoin avanza a pasos axigantados polo mundo. Satoshi Nakamoto, o seu creador, segue sendo unha personalidade enigmática e criptográfica, pero o mito que rodea a súa posible riqueza non pasa desapercibido para a Mafia. Tamén os intereses dos servizos secretos están a prestar atención; non en van, axentes da NSA levan tempo tras del. As oportunidades que a criptomoeda abriu no mundo do diñeiro lograron que Nakamoto se convirta nun heroe admirado en cada vez máis recunchos do planeta. Farían calquera cousa para defendelo. E é que, para moitos, que a xestión das transaccións monetarias e a emisión de bitcoins sexa levada a cabo sen intermediarios e de forma colectiva na rede é, sen máis, o principio dun mundo máis libre. Dun mundo mellor.






