Quen somos?
O responsábel legal de bitnós e dos tratamentos de datos que realizamos é Miguel Garcia Nogales, con DNI 36166973W e domicilio social na Rua Lodairo 1, en San Cristovo de Cea (Ourense), na Galiza. O e-mail de contacto é bitnos@bitnos.info.
Que datos tratamos e por que?
Na tua interacción con bitnós, poderás ter que proporcionarnos determinados datos persoais por un dos seguintes medios:
Consultas e Formulario de Contacto
Se te pos en contacto con nós e nos proporcionas datos persoais como o teu nome, número de teléfono ou enderezo de e-mail, trataremos eses datos para resolver a tua consulta, e eliminarémolos unha vez esta fose resolta.
Relación comercial
Se es cliente de bitnós, terás que proporcionarnos datos identificativos, o teu enderezo e datos de contacto para poder tramitar a tua encomenda e facturarte o servizo. Eses datos non serán utilizados por nós para outros fins, e serán eliminados unha vez transcorrido o prazo legal que exixe a sua conservación (4 anos).
Con quen compartimos os teus datos?
O formulario de contacto disponíbel na nosa web está aloxado por LiberaForms, pero todos os datos enviados a través del son cifrados con unha clave que só nós temos (LiberaForms non ten acceso, pois, a ningún dos datos introducidos por ti).
Se realizas unha compra na nosa web, teremos que compartir os teus datos tanto coa pasarela de pago Stripe como coa empresa de mensaxería a través da cual realicemos o envío.
Cal é a base xurídica que lexitima estes tratamentos?
As bases xurídicas que nos lexitiman a tratar os datos persoais que nos proporcionas son:
- a sua necesidade para cumprir o contrato que estableces con nós (apartado b do Art. 6.1 do RXPD)
- o noso interese lexítimo no caso de responder unha consulta formulada por ti (apartado f do Art. 6.1 do RXPD)
- a obriga legal que nos impón o estado de conservar os teus datos de facturación (apartado c do Art. 6.1 do RXPD)
Que dereitos tes sobre os teus datos?
Podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade dirixíndote ao e-mail ola@bitnos.info. Se achas que os teus dereitos foron vulnerados, podes presentar unha queixa ante a AEPD.