Smartphone Pixel 9a con GrapheneOS, un sistema operativo que prioriza a seguranza e a privacidade, mantendo a compatibilidade con todas as aplicacións do ecosistema Android. Con cifrado forte e actualizacións constantes, ofrece protección avanzada contra malware e vulnerabilidades.
Privacidade por sistema:
- Cifrado completo do disco, incluindo sistema operativo, ficheiros persoais e datos de aplicación
- Contrasinal de seguranza que elimina completamente todos os datos do dispositivo se é introducida
- Posibilidade de desbloqueo con pegada dactilar
- Sen aplicacións da Google preinstaladas, ID de publicidade, nen rexistro e envio de datos de uso
- Enderezo MAC aleatorio en cada conexión, para impedir a identificación por hardware
- Compartimentación reforzada de aplicativos, para impedir que unha app infectada poda acceder aos datos de outra
- Espazo privado e varias contas de usuario
Preinstalación dos mellores aplicativos libres e seguros:
- Appstores: Graphene App Store, F-Droid, Acrescent e Aurora Store
- Seguranza de credenciais: KeePassDX e Aegis 2FA
- Mensaxeiro pró-privacidade Signal, cifrado de ponta a ponta
- Privacidade Online: Tor Browser, Orbot, OpenVPN e Wireguard
- Para que Google non comercie cos teus gustos nen coa túa localización: PipePipe e OrganicMaps
Características de hardware:
- Pantalla pOLED 6,3″ (1080 x 2424) 120 Hz, brillo máximo de 2.700 nits e compatibilidade HDR
- Procesador Tensor G4, coprocesador de seguranza Titan M2
- Cámara dual 48+13 MP, OIS e vídeo 4K
- Batería 5100 mAh carga rápida e sen fio
- Dual SIM (nano + eSIM) 5G, Wi-Fi 6E, NFC*
Deseño robusto e sostible:
- Deseñado para entornos exixentes e usuarios que valoran a sustentabilidade: estrutura de aluminio reciclado e deseño sen plásticos, corpo IP68 (resistente á auga e ao pó), parte traseira anti-pegadas.
Contido da caixa:
- Pixel 9a e cabo USB-C a USB-C (non inclúe adaptador á corrente)
* Algunhas aplicacións específicas da Google non rodarán correctamente en GrapheneOS, simplemente porque Google non permite que sexan funcionais en dispositivos que teñen instalado software non controlado por eles. É o caso da Google Wallet, a aplicación de referencia para pagamentos NFC en Android. Porén, existen apps alternativas que, en caso de necesidade, poden permitir os pagamentos NFC desde GrapheneOS. Mais información aqui.
