Curso de iniciación a Bitcoin

150,00 

OUTUBRO 2026 | 10 horas distribuídas en 3 sesións:

  • Xoves 29: sesión online, por videoconferencia, de 20:00 a 22:00
  • Venres 30: sesión online, por videoconferencia, de 20:00 a 22:00
  • Sábado 31: xornada presencial, de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00, en San Cristovo de Cea (Ourense)

Por pedagoxía e por privacidade, este curso impártese a grupos reducidos. Se ves as matrículas ESGOTADAS, é que as prazas da próxima convocatoria xa están cubertas.  O curso vaise repetindo con certa periodicidade, polo que che recomendamos que estexas atento ante unha próxima edición. Se o desexas, podes enviarnos un e-mail a bitnos@bitnos.info manifestando o teu interese, e nós avisarémoste antes de que se faga pública a seguinte edición do curso.

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categoría:

Curso de iniciación a Bitcoin

Coñece, entende e utiliza Bitcoin de forma privada e segura, a través dun curso de 10 horas no que resolverás todas as túas dúbidas sobre a criptomoeda que cambiou o mundo para sempre.

 

A quen vai dirixido?

O curso está especialmente pensado para persoas que, aínda que xa podan ter algún coñecemento sobre bitcoin, desexan comprender ben o funcionamento desta tecnoloxía e dominar o seu uso e custodia seguras. Porén, persoas que desexan iniciarse desde cero en Bitcoin tamén  encontrarán neste curso unha excelente introducción e unha explicación exaustiva do funcionamento e das cualidades únicas desta criptomoeda.

 

Contidos do curso:
  1. Coñecendo Bitcoin. Que é Bitcoin? Para que sirve? Que lle dá valor? Que necesidades cubre? Mitos e lendas sobre Bitcoin…
  2. Entendendo Bitcoin. A tecnoloxía por trás de Bitcoin: como funciona a “blockchain”, minaría, enderezos, carteiras, transaccións…
  3. Seguridade en Bitcoin. Cifrado, señas seguras, xeración offline de sementes, carteiras frías, principais perigos e como evitalos…
  4. Uso privado de Bitcoin. Comprar e vender de forma anónima, onde e como gastar BTC, trocar por stablecoins e outras criptomoedas…

 

Desenvolvemento do curso:

O curso desenvólvese ao longo de duas sesións online (4 horas) e unha xornada presencial (6 horas).

As sesións online terán lugar o xoves e venres anteriores á xornada presencial en horario de 20:00 a 22:00, e consistirán nunha presentación do profesor por videoconferencia (a través de Signal), con interacción do alunado (preguntas, respostas, dúbidas, opinións). Para seguir as sesións online é necesario dispór dun dispositivo con conexión á internet, micrófono e altofalantes. Tamén é necesario que dispoña dunha conta de Signal, e teña o aplicativo instalado nese dispositivo.

A xornada presencial desenvolverase en San Cristovo de Cea (Ourense), en sábado, en horario de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00. Para seguila correctamente é necesario que o alunado dispoña dun PC portátil, co que asista ás sesións.

As presentacións do profesor e os materiais do curso estarán en idioma galego.

MAIS INFORMACIÓN AQUI

 

Curso de iniciación a BitcoinCurso de iniciación a Bitcoin
150,00 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Scroll ao inicio