Por que deberiamos estar todos en pé de guerra para salvar a nosa independencia dixital e o noso pensamento crítico. «Un libro extraordinario e urxente». Naomi Klein. Internet ten donos: empresas privadas con ánimo de lucro. A maioría dos buscadores eliminan calquera tipo de privacidade e algunhas redes sociais convertéronse en altofalantes da propaganda da ultradereita simplemente porque resulta rendible. Pero non sempre foi así.
De feito, para maximizar os beneficios, internet tivo que refacerse mediante un longo proceso de privatización que durou anos e que converteu unha pequena rede de investigación nunha gran potencia do capitalismo mundial. Internet para a xente é a historia da privatización que creou o internet que hoxe coñecemos e que deu pé ás crises que hoxe o consumen.
Pero tamén é unha resposta: propón a súa desprivatización e que quen o gobernen sexan as persoas e non os beneficios. Reducir o espazo do mercado e do afán de lucro, abolir os xardíns pechados dos xigantes que dominan as nosas vidas dixitais ao tempo que se desenvolven alternativas de propiedade pública e cooperativa que permitan un control democrático real.
Se queremos construír un internet mellor, é preciso cambiar quen o posúe e como o organiza. Non coa intención de que os mercados funcionen mellor, senón de que teñan menos poder. Non para crear unha versión máis competitiva ou máis regulada da privatización, senón para revertela dunha vez por todas.
A crítica dixo:
«Ben Tarnoff é o mellor tipo de visionario: informado, práctico e profundamente comprometido coa transformación dun statu quo abusivo e corrupto. Temos a enorme fortuna de contar co seu proxecto para reimaxinar as ferramentas que formaron as nosas vidas. Un libro extraordinario e urxente». Naomi Klein
«Unha reformulación útil: de pensar en como evitar un internet nefasto para os usuarios a como crear un positivo. Tarnoff quere devolvelo ás súas raíces de propiedade pública e orientación cívica e, sexa ou non o correcto, é a pregunta axeitada para formular». The Washington Post
«Un estupendo termo medio entre a historia máis técnica e a polémica». The Nation
«Este libro revela a historia oculta de internet e amplía a nosa visión sobre os seus futuros posibles». The New Republic






