Hoxe en día, os detalles máis insignificantes das nosas vidas son rexistrados e examinados como nunca antes, e a miúdo quen é vixiado coopera voluntariamente cos vixilantes. Desde Londres e Nova York ata Nova Delhi, Shanghái e Río de Xaneiro, a presenza de cámaras de vídeo nos lugares públicos xa é algo habitual e aceptado pola poboación. Actualmente, as viaxes aéreas implican o paso por escáneres humanos e controis biométricos que se multiplicaron a raíz do 11-S. Diariamente, Google e os provedores de tarxetas de crédito apuntan os detalles dos nosos hábitos, preocupacións e preferencias, e con eles van elaborando estratexias de marketing personalizadas coa nosa activa e, nalgúns casos, entusiasta cooperación.
Neste libro, o análise da vixilancia de David Lyon conflúe co mundo líquido moderno que Zygmunt Bauman describiu coa súa característica agudeza. ¿Estamos ante un futuro lúgubre de vixilancia continua ou existen aínda espazos de liberdade e esperanza? ¿Como podemos ser conscientes das nosas responsabilidades cara aos nosos semellantes, perdidos como estamos con frecuencia en discusións sobre datos e categorizacións? Enfrontámonos a temas de poder, tecnoloxía e moral; este libro constitúe unha análise brillante do que implica ser observado -e estar observando- na actualidade.






