Temos un sistema monetario internacional en vías de reinvención e renovación, algo que rara vez ocorre. Coa consolidación do Bitcoin e outras criptomoedas, aparecen moitas incertezas acerca do futuro do diñeiro. O que parece claro é que será dixital, aínda que a ciencia monetaria non dispuña ata agora dun marco teórico flexible para incorporar estas novas formas de diñeiro.
O académico e investigador de mercados financeiros Nik Bhatia ofrece neste libro unha topografía do diñeiro coa que orientarse nesta incerta encrucillada. E faino elaborando un novo marco teórico denominado «diñeiro en capas». Esta nova terminoloxía permítenos describir o noso dinámico sistema monetario, axúdanos a navegar pola xeomorfoloxía do diñeiro e explícanos como se relacionan entre si as diferentes formas de diñeiro.
A idea do diñeiro como un sistema en capas aporta un método máis claro para conceptualizar os cambios monetarios, e así poder trazar unha historia completa do diñeiro dende os seus orixes. Bhatia comeza a sua análise regresando ao florín de ouro da Italia renacentista e á súa cultura bancaria florecente. Continúa coa evolución da banca central e conclúe cunha explicación da maneira na que a fusión das ciencias monetarias e criptográficas, e a invención do Bitcoin, crearon un cambio sísmico no noso sistema financeiro.
Con o ouro, Bitcoin recolle a necesaria posta ao día da teoría monetaria para poder entender e explicar o papel que xogarán as novas criptomoedas no futuro. Nun mundo no que se poderá escoller moeda, vai supoñer unha gran vantaxe saber desprazarse polo mapa monetario.





