Cuando google encontró a wikileaks

17,90 

Cuando google encontró a wikileaks

Assage, Julián
CLAVE INTELECTUAL
Ensaio
12 / 2014
9788494207365
Castelán
CLAVE INTELECTUAL
240
150 x 220
- +

En xuño de 2011, Julian Assange estaba a vivir baixo arresto domiciliario en Norfolk (Inglaterra), na casa dalgúns amigos. Alí recibiu ao entón presidente de Google, Eric Schmidt, que solicitara reunirse con el. Schmidt presentouse cunha delegación de outras tres persoas e durante horas mantiveron unha longa conversación con Assange. Falaron dos problemas aos que a sociedade ten que enfrontarse e das solucións tecnolóxicas que podía ofrecer a rede global.

Posteriormente, en 2013, Schmidt e un dos presentes, Jared Cohen, publicaron un libro froito daquela conversa. Cando Julian Assange o leu, constatou que a versión que daban desde Google do seu encontro distaba moito de ser precisa, e decidiu escribir a súa propia versión da charla, titulada “Cando Google encontrou a WikiLeaks”: “Foi unha reunión moi interesante […] Eu estaba baixo arresto domiciliario. Tivemos naquela altura un conflito moi importante co goberno dos Estados Unidos, con Hillary Clinton e o Pentágono pola publicación dos cables diplomáticos estadounidenses ese ano […] díxéronnme que Eric Schmidt, o xefe de Google, quería virme ver. Dixemos que sí, que sería interesante escoitar a esta empresa tan potente e influinte, para ver o que quería.”

Eric Schmidt e o nexo entre o Departamento de Estado e Google
“Nese preciso momento decateime de que era moi posible que Eric Schmidt non fora unicamente un emisario de Google… A delegación que me visitou era unha cuarta parte Google e tres cuartas partes representaban ao Departamento de política exterior dos Estados Unidos…”

Google vixílate
“Google permite á ASN (Axencia de Seguridade Nacional) e ao FBI ler os correos electrónicos. Incluso nunha aburrida comisaría de policia ou nun xulgado, pódese ter acceso a eses correos sen orde xudicial.”

Google está fortemente vinculado ao Departamento de Estado norteamericano
“Pero tamén á New American Foundation, que é o think tank centrista, agresivo e liberal de Washington DC. Eric Schmidt é tamén o seu presidente e principal fundador, ao igual que o de Google.”

Tamén che recomendamos…

Cuando google encontró a wikileaksCuando google encontró a wikileaks
17,90 
- +
Scroll ao inicio