Condicións de compra

Aquí tes toda a información relativa aos teus envíos, devolucións e garantías. Bota un ollo ás nosas Condicións de Compra e adquire os teus artigos coa máxima confianza e tranquilidade.



Datos identificativos do Titular

As presentes Condicións Xerais da Contratación regulan as condicións de compra dos diferentes produtos ofrecidos no site web https://tenda.bitnos.info, propiedade de:

  • Titular: Miguel Garcia Nogales
  • DNI: 36166973W
  • Domicilio : Rua Lodairo, 1. 32140 San Cristovo de Cea (Ourense)
  • Contacto: bitnos@bitnos.info



Condicións xerais da contratación aplicábeis ao territorio do Estado español e Portugal

PROCESO DE COMPRA

Para realizar unha compra en https://tenda.bitnos.info, o proceso a seguir será o seguinte:

1. Seleccionar o/s produto/s desexado/s na web.

2. Premer en “Comprar”. Na esquina superior dereita pode acceder ao “Carriño” onde o consumidor poderá ver os produtos seleccionados.

3. Rematada a selección de produtos, será necesario facer clic en “Realizar o pedido”.

4. É obrigatorio facilitar os datos marcados cun asterisco para poder realizar compras en liña.

5. Seleccionar o método de envío.

6. Seleccionar o método de pago.

7. Ver resumo do pedido.

8. Aceptar as presentes Condicións Xerais da Contratación e premer en “Pagar agora e finalizar”.

9. Unha vez finalizado o proceso de compra, poremonos em contacto co cliente no prazo de dous dias laborábeis para confirmar a compra.

10. É posible modificar ou cancelar o pedido, dependendo do método de pago seleccionado, contactando co titular antes de que o envío comece a prepararse para a súa entrega.

ENVÍOS

Os produtos vendidos por bitnós ofrécense dentro dos límites das existencias disponibles e, en particular, en función da dispoñibilidade dos produtos en tenda.

Os prazos de entrega dependerán da dispoñibilidade de cada produto, así como da capacidade loxística das empresas de transporte coas que colaboramos. Sempre intentaremos que recibas a túa encomenda nun prazo máximo de 7 días hábiles desde realizas a compra. Os prazos son orientativos e non podemos garantir o seu cumprimento, aínda que intentamos que as empresas de transporte os cumpran sempre que sexa posible.

Nos pedidos que inclúan varios artigos realizarase un único envío e o prazo estimado de entrega corresponderase co artigo cuxo prazo de entrega sexa maior.

Invítase ao cliente a comprobar, no momento da entrega, a conformidade dos produtos co seu pedido, así como calquera defecto, dano ou deterioro aparente, e a notificálo o antes posible ao titular deste contrato, acompañando os documentos xustificativos (fotografías). No caso de recibir un produto danado polo transporte, é recomendable contactar dentro das primeiras 24 horas e, en todo caso, deberás comunicar os danos dentro do prazo legal de sete (7) días desde a recepción. Así mesmo, co fin de axilizar os trámites da devolución, agradeceriámosche que nos remitas fotografías do artigo danado e da súa embalaxe, na parte na que se aprecien os danos, así como o número de serie do produto.

O cliente é o único responsable no caso de falta de entrega debido á falta de información ou información errónea ao realizar o pedido.

GASTOS DE ENVÍO

Os gastos de envío pódense calcular automaticamente dependendo da modalidade de envío escollida, do destino do pedido e do importe total.

Adicionalmente, os gastos de envío poden ser gratuítos ou inferiores a un importe determinado, sempre que se cumpran as condicións específicas para tal fin que poderás consultar na web.



Condicións de Recollida e Envío

O Cliente pode optar por recoller o pedido na nosa tenda sita en San Cristovo de Cea, nun punto de recollida ou seleccionar o envío á dirección postal designada no formulario de pedido, non podendo esta corresponder a un apartado de correos ou lugares públicos, tales como a vía pública, prazas, estacións, aeroportos ou outros similares.

RECOLLIDA EN TENDA

Unha vez finalizado o pedido, o Cliente poderá pasalo a recoller a partir da data que se indica no correo de confirmación do pedido. Os produtos deberán ser retirados nun prazo máximo de sete (7) días desde que o titular confirme ao cliente mediante correo electrónico que o pedido está listo para recoller. Transcorrido este prazo, bitnós terá a facultade de resolver o contrato e proceder coa devolutiva dos importes abonados. Se desexas que un terceiro recolla o teu pedido, a persoa autorizada polo Cliente deberá mostrar o código QR enviado ao correo electrónico da persoa que realizou a compra.

ENTREGA EN DOMICILIO

O Cliente deberá incluír, como requisito necesario, a dirección de entrega e a dirección de facturación. A persoa encargada do reparto contactarache por vía telefónica en caso de non poder realizar a entrega. Realizaranse dous intentos de entrega e posteriormente o pedido será devolto á fábrica ou depositado no punto de recollida máis próximo, segundo o indicado polo cliente. O titular entrega pedidos en todo o territorio peninsular do Estado español e Portugal (exceptuando as suas illas) e resérvase o dereito a non entregar os produtos se non se dispón da dirección completa e correcta.

Transcorridos os dous intentos de entrega sen que se producise a entrega, a axencia de transporte estará facultada para depositar o teu pedido no punto oficial de recollida máis próximo, o cal será posto en coñecemento do cliente mediante comunicación electrónica. Neste caso, o cliente poderá optar por recoller o pedido no punto oficial de recollida ou, ao contrario, rexeitar a recollida no punto de entrega e resolver o contrato; no cal caso se lle abonará o importe íntegro do pedido.

En xeral, o pedido entregarase na dirección indicada polo cliente.

En algúns casos, a axencia de transporte poderá solicitar ao cliente unha doble identificación mediante o uso dunha contrasinal ou PIN individual e temporal remitido previamente ao cliente. Este PIN será solicitado polo repartidor no momento da entrega e debe ser proporcionado polo cliente ou a persoa autorizada por el, sen que sexa posible realizar a entrega no caso de non coñecer o PIN, reforzando así a seguridade do envío.

O cliente é o único titular do PIN e, como tal, comprométese a conservalo de forma segura e confidencial, asumiendo a responsabilidade exclusiva da súa custodia e uso. No caso de que o cliente comparta este código PIN cun terceiro autorizado, acepta que será o único responsable de calquera uso indebido ou consecuencia derivada de dita divulgación. A empresa non se fai responsable de ningún dano, perda ou inconveniente resultante do incumprimento desta obriga por parte do cliente.

PUNTO DE RECOLLIDA

Mediante a inserción do código postal, o Cliente poderá seleccionar un punto de recollida entre as opcións facilitadas por PcComponentes. O pedido estará dispoñible para recollida a partir de que o Cliente reciba o correo de recollida de produto e deberá ser retirado persoalmente nun prazo máximo de veinticuatro (24) horas desde que se comunica que o produto está listo para recollida.

CONTRASINAIS DE DESCIFRADO

Pola súa natureza, todos os teléfonos móbiles, computadores e dispositivos de memoria vendidos por bitnós están criptografados. Isto significa que son inaccesibles e inutilizables sen o contrasinal que sirve para descifralos. O contrasinal establecido por bitnós no momento da sua configuración é un contrasinal provisorio, que debe ser mudado polo cliente inmediatamente no momento da sua recepción, e substituído por outro que só el coñeza.

Bitnós non utiliza claves de cifrado nen contrasinais xenéricas ou ‘por defecto’. No proceso de configuración de cada dispositivo establécese unha clave única e singular para ese dispositivo, que non se repetirá en ningún outro. Por iso, é necesario establecer un procedimento de comunicación de claves concreto con cada cliente.

Se non houbese outra indicación do cliente, no momento do envío dos dispositivos as claves de descifrado serán enviadas por e-mail ao enderezo proporcionado no momento da compra. É responsabilidade do cliente proporcionar unha conta de e-mail segura á que só el teña acceso, ou proporcionar outras vias de comunicación mais seguras (chave de PGP, Signal, etc.)

A imposibilidade de acceso aos dispositivos por perda dos novos contrasinais, ou erro na sua configuración, é responsabilidade íntegra do cliente e non estará cuberta pola garantía nen será motivo lexítimo para a súa devolución. Neses casos, bitnós ofrecerá a posibilidade de reinstalación do sistema, coa perda de todos os datos preexistentes, e por conta do cliente.



Prezos

Os prezos dos produtos móstranse sempre en euros e inclúen o IVA, así como calquera outro imposto que fose de aplicación, sendo os vixentes e legalmente aplicables nese momento.

Os prezos de venda dos produtos publicados non inclúen o custo do servizo de envío. O servizo de envío queda a cargo do consumidor e será engadido, sempre que sexa aplicable, ao importe total do pedido, sendo estes identificados de forma independente antes de confirmarse a compravenda.

O titular resérvase expresamente o dereito de modificar os prezos dos produtos no sitio web en calquera momento, sen necesidade de previo aviso. Non obstante, en calquera caso, aplicarase a tarifa vixente indicada no sitio web no momento da realización do pedido correspondente. Cando a promoción estea suxeita a un número de unidades limitadas, o cliente será informado na propia ficha do produto; unha vez agotadas ditas unidades, o prezo pasará a ser o vixente sen oferta.

Toda a información sobre prezos, produtos, especificacións, campañas promocionais e servizos poderá ser cambiada en calquera momento polo titular. Se realizaches unha compra e tes o ticket, poderás solicitar factura electrónica poñéndote en contacto co titular a través do correo electrónico facilitado na web, indicando o número de pedido, a data e o importe da operación, e enviarános unha copia da factura por correo electrónico.



Formas de pago

Para calquera forma de pago escollida, o titular nunca se porá en contacto contigo por teléfono, nin correo electrónico ou SMS, para solicitarte datos bancarios. NON debes facilitar dita información por esta vía ou por outros medios. Se tes algunha dúbida ao respecto, podes contactar connosco a través dos contactos facilitados na web.

A tenda online de bitnós pon á disposición do Cliente as seguintes formas de pago:

  • Tarxeta de crédito/débito.

O pago xestiónase directamente pola entidade de pagos Stripe Technology Company Limited, con domicilio social en One Wilton Park, Wilton Place, Dublin 2, D02 FX04, Irlanda. Información adicional sobre Stripe dispoñible aqui.

Bitnós non trata datos relativos ao número de tarxeta proporcionados polo Cliente a través da pasarela de pago.

Ao pagar cunha tarxeta pedirase sempre a seguinte información: o número da tarxeta, a data de caducidade e un código de validación, que coincide coas tres últimas cifras do número impreso en cursiva no reverso da túa tarxeta. Non nos poñeremos en contacto contigo por teléfono para solicitarte datos adicionais, nin debes facilitar dita información por outros medios.

  • Transferencia ordinaria.

O Cliente poderá realizar unha transferencia ordinaria a conta de INGdirect que o titular facilita durante o proceso de compra e no correo electrónico de confirmación do pedido. A transferencia debe ser realizada nun prazo máximo de cinco (5) días naturais desde a finalización do pedido; transcorrido este prazo sen que se realice a transferencia, o pedido será cancelado.

É obrigatorio indicar o número de pedido completo no concepto da transferencia para que o noso sistema poida asociar o pagamento co pedido. Se o concepto non inclúe o número de pedido, o pedido será cancelado e o importe da transferencia devolto á mesma conta bancaria nun prazo de cinco (5) días hábiles.

  • Efectivo na tenda.

Podes facer os teus pagos na tenda con tarxeta de crédito/débito ou en metálico. En efectivo, a lexislación española exixe que o importe non supere os 1000 €.



Taxas, impostos e aranceis

O P.V.P. (prezo de venda ao público) dos artigos con dirección de envío á Península Ibérica inclúe o 21% de I.V.A.



Cancelación de pedidos

As cancelacións de pedidos que impliquen o reembolso do pagamento ao cliente e que sexan por transferencia bancaria terán un prazo máximo de trinta (30) días por trámites administrativos, se ben intentamos que o prazo non sexa superior a sete (7) días.

DEREITO DE DESISTIMENTO

O titular informa que o Texto Refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Consumidoras (“TRLCU”) establece varias opcións para poder exercer o dereito de desistimento. Entre elas contempla a posibilidade de facelo enviando un correo electrónico (bitnos@bitnos.info)

Conforme á lexislación vixente, pódese proceder a anular o contrato celebrado, sen necesidade de xustificar tal decisión e sen penalización de ningunha clase, nun prazo de 14 días naturais desde a recepción da mercadoría polo cliente. O titular pon á disposición do consumidor o correo electrónico bitnos@bitnos.info para exercer este dereito.

O consumidor só será responsable da diminución de valor dos bens resultantes dunha manipulación destes distinta á necesaria para establecer a súa natureza, características ou funcionamento.

O dereito de desistimento non será aplicable nos supostos establecidos no TRLCU. En particular e en relación aos produtos ofrecidos nesta web, o cliente non poderá exercer o dereito a desistimento en relación ao subministro de contido dixital que non se preste nun soporte material (por exemplo, tutoriais en calquera formato dixital unha vez enviado o link de acceso, ou mentorías online unha vez axendadas).

Unha vez recibamos o/ os produto/s, devolveremos o diñeiro segundo a forma de pago que utilizaches:

  • Se pagaches con tarxeta, o abono realizarase na túa conta nun prazo de 48 a 72 horas.
  • Se o pagamento realizaches por transferencia, pedirémosche un número de conta para facerte o abono. Ten en conta que poden pasar ata 48 horas hábiles ata que se reflicta na túa conta bancaria.
  • Para o resto das formas de pago, solicitaremos un número de conta para facerte o abono.

En caso de desistimento, o titular devolverá todos os pagos realizados polo teu pedido, incluídos os gastos de entrega (con excepción dos gastos adicionais que resulten da elección por parte túa dunha modalidade de entrega diferente á modalidade menos costosa de entrega ordinaria que ofrecemos). O reembolso do importe da compra realizarase unha vez comprobado o estado da mercadoría, nun máximo de catorce (14) días naturais dende a recepción da mesma. No suposto de que o cliente envíe un produto distinto ao que conste na factura de compra, o titular poderá repercutirlle os gastos de envío que se produzan co motivo do retorno de dito produto, quedando o titular exento de calquera responsabilidade por dano ou perda que sobre dito produto se produza.

O consumidor asumirá os custos directos de devolución dos produtos nos restantes casos. Co fin de evitar calquera tipo de dano no envío, toda mercadoría debe ser devolta en condicións orixinais, en perfecto estado e protexida, evitando pegatinas, precintos ou cintas adhesivas directamente sobre a superficie ou embalaxe do artigo.

Unha vez recibida a túa solicitude de desistimento, recibirás as instruccións para que nos o fagas chegar a devolución ás nosas instalacións no teu correo electrónico. Deberás enviar os bens sen ningunha demora e sempre dentro do prazo máximo de 14 días naturais desde que recibiches o pedido.

Devolución de produtos con agasallo ou promoción: Será obrigatoria a devolución completa (pack completo ou artigo + agasallo) para poder proceder co reembolso. En caso de produtos que inclúan contido dixital, será requisito non ter accedido ao mesmo para proceder ao abono completo. En caso contrario, descontarase o importe do producto dixital ao total a reembolsar.



Garantías

Conforme á normativa vixente, todos os produtos novos vendidos no sitio web – adquiridos a partir do día 1 de xaneiro de 2026 – están garantidos fronte a defectos de fabricación durante o prazo de tres (3) anos a partir da data de entrega.

No caso de produto defectuoso, o titular procederá, segundo corresponda, á reparación, substitución, rebaixa do prezo ou resolución do contrato, sendo estas xestións gratuítas para o consumidor. O envío do produto defectuoso para a súa reparación ou substitución será gratuíto para o cliente sempre que o defecto quede cuberto pola garantía.

A garantía non cobre aqueles defectos provocados por un uso incorrecto do produto e/ou manipulación do mesmo distinta á necesaria para establecer a súa natureza, características ou o seu funcionamento. Nestes casos, o consumidor deberá facerse cargo da súa reparación. Quedan, por tanto, excluídos da garantía:

  • Defectos e deterioros producidos por feitos externos, accidentes, principalmente accidentes eléctricos, por desgaste e por utilización non conforme ás instruccións do produto ou dadas polo titular.
  • Productos modificados ou reparados polo cliente ou calquera outra persoa non autorizada polo titular, así como os produtos que son obxecto dun contrato de soporte específico.
  • Incorrecta configuración software/hardware, por parte do cliente, dun equipo, componente ou periférico.
  • Incorrecta configuración software/hardware ou avería nun equipo provocada por un componente non subministrado polo titular e incorporado polo cliente.
  • Infección de virus informáticos, por parte do cliente, en equipos, discos duros ou disquetes de drivers ou de software adicional.
  • Imposibilidade de acceso aos dispositivos por perda das credenciais de acceso ou chaves de descifrado.

Cando o produto enviado non estea cuberto pola garantía polos motivos sinalados, o titular poderá repercutir o custo de envío e devolución do produto ao consumidor.

Lembrámoslle que é obriga do consumidor ter o produto suxeito a garantía á disposición do titular deste contrato. Así mesmo, informámoslle que non debe enviar produtos diferentes aos que constan na factura de compra emitida polo titular, así como tampouco enviar produtos vendidos por terceiros.

Salvo probas en contrario, entenderase que os produtos son conformes cando cumpran co requisitos establecidos polo Artigo 115 do Real Decreto Legislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa de los Consumidores e Usuarios e outras normas complementarias.



Servizo de atención ao cliente e postvenda

O titular pon á disposición do cliente Follas de Reclamación a través dos seguintes canles:

  • Solicitude en tenda
  • Canles online: O cliente pode solicitar unha Folla de Reclamación en: bitnos@bitnos.info



Protección de Datos

A túa información persoal será tratada segundo a Política de Privacidade, que poderá ser consultada na web.


Sistema de Canon por Copia Privada

En virtude do inxustísimo Real Decreto-lei 12/2017, do 3 de xullo, polo que se modifica o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, aprobado polo Real Decreto Legislativo 1/1996, do 12 de abril, en canto ao sistema de compensación equitativa por copia privada, o titular deste contrato terá que cobrar, nos casos que proceda, un canon pola venda daqueles produtos ou aparellos non tipográficos, postos á venda en htpp://tenda.bitnos.info que, destinados exclusivamente ao uso privado, non profesional nin empresarial, podan reproducir obras (libros ou publicacións asimiladas, fonogramas e videogramas) titularidade de terceiros (editores, produtores de fonogramas e videogramas, artistas intérpretes…).

Non obstante o anterior, infórmase da existencia dun sistema de exceptuación e reembolso do pago destas compensacións que está regulado no novo artigo 25, puntos 7 e 8 da Lei de Propiedade Intelectual, modificado polo mencionado Real Decreto-lei 12/2017, que regula a modo e requisitos para xustificar o dereito ao reembolso para aquelas persoas físicas e xurídicas exoneradas por lei e/ou aquelas que sen estar exceptuadas acrediten destinar o produto adquirido a un uso exclusivamente profesional ou á súa exportación ou entrega intracomunitaria.

Neste sentido, aquelas empresas, profesionais, autónomos e organismos públicos exonerados no sentido indicado deberán obrigatoriamente acreditar ante o titular, mediante os certificados que establece o Real Decreto-lei, que están dentro dos supostos de exención de canon para poder aplicalos legalmente a través do correo electrónico: bitnos@bitnops.info

Para máis información, consulte o seguinte enlace: BOE – Real Decreto-lei 12/2017.


Lexislación e foro aplicable

As presentes Condicións Xerais de Contratación réxense pola lexislación común española. As partes sométanse, para a resolución dos conflitos que pudan xurdir, aos xulgados e tribunais do domicilio do consumidor.

Condicións revisadas o 18 de Xaneiro de 2026

Scroll ao inicio