Devolver un produto
Tes até 14 días naturais desde que recibes o teu pedido para facer a devolución do mesmo. Seguindo as mesmas instruccións que se detallan embaixo, tamén podes enviarnos o produto adquirido para facer uso da garantía, dentro do período de cobertura da mesma.
Como devolver un artigo
- Envía un correo electrónico a bitnos@bitnos.info solicitando a devolución do teu artigo, indicando o número de factura que recibiches ao correo electrónico unha vez realizada a compra.
- Coa maior brevidade posible (máximo 48 horas) recibirás as indicacións para realizar a devolución de forma gratuíta.
- Tamén podes devolver o artigo nas nosa tenda física na Rua Lodairo, 1 (San Cristovo de Cea- Ourense)
Como empaquetar a miña devolución ou envío por garantía?
- Co fin de evitar calquera tipo de dano no envío das devolucións, toda mercadoría debe ser devolta en condicións orixinais, en perfecto estado e protexida, evitando pegatinas, precintos ou cintas adhesivas directamente sobre a superficie ou embalaxe do artigo.
- Podes usar a caixa orixinal ou unha caixa similar para enviar o produto.
- Dentro, recoméndanche engadir material de protección como papel burbullas, cartón ou tapóns para que o produto chegue ben protexido.
- Cando recibamos o teu envío no noso almacén, avisarémosche e mantendremos informado en cada paso do proceso.
Para información mais detallada consulta as condicións de compra
⚠️ Se a embalaxe non é adecuada e o produto se danase durante o transporte, a garantía non poderá cubrilo! ⚠️
Condicións da Garantía
Conforme á normativa vixente, todos os produtos novos vendidos no sitio web – adquiridos a partir do día 1 de xaneiro de 2026 – están garantidos fronte a defectos de fabricación durante o prazo de tres (3) anos a partir da data de entrega.
No caso de produto defectuoso, bitnós procederá, segundo corresponda, á reparación, substitución, rebaixa do prezo ou resolución do contrato, sendo estas xestións gratuítas para o consumidor. O envío do produto defectuoso para a súa reparación ou substitución será gratuíto para o cliente sempre que o defecto quede cuberto pola garantía.
- Xestiona a tua garantía enviando un correo electrónico a bitnos@bitnos.info
- Nun máximo de 48 horas contactaremos contigo polo medio elexido por ti (e-mail, telefono) para comentarche como proceder.
Tes mais información detallada en condicións de compra